xoves, 12 de novembro de 2015

TEMA 2 HARDWARE

ACTIVIDADE 2
Crea un arquivo en Open Officce Writer en formato libre (tamaño de letra 12). Os conceptos están definidos nas páxinas 32 e 33 do libro (non é necesario buscar información adicional, excepto no punto 1) e son os seguintes:

  • Superordenador Mare Nostrum. Busca información (aprox 15 liñas) e imaxe na rede.
  • Tablets. Busca imaxe na rede.
  • Smartphones. Busca imaxe na rede. 
ACTIVIDADE 4
Crea un arquivo en Open Officce Writer en formato libre (tamaño de letra 12). Os conceptos están definidos nas páxinas 36 e 37 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  • RAM. Busca imaxe na rede.
  • Memoria caché.
  • Memoria virtual.
  • Memoria ROM-BIOS.
  • Memoria RAM-CMOS. 
ACTIVIDADE 6 
Crea un arquivo en Open Officce Writer en formato libre (tamaño de letra 12).
  • Buscando a información na rede redacta aproximadamente 25 liñas explicando o seu principio de funcionamento, tipos e aplicacións. 
Polo xeral, os materiais que se utilizan para fabricar os obxectos poden ser metais, nylon, e como uns 100 tipos de materiais diferentes. O proceso de impresión tridimensional é, fundamentalmente, ir creando un prototipo capa por capa e desde abaixo ata arriba. Para iso a máquina deposita unha capa de plástico en po, compáctase a zona que lle indica o computador e vólvese a repetir o proceso colocando unha capa sobre outra ata que se completa a peza.Hai dous tipos de impresoras 3D: de tinta e láser. As primeiras utilizan unha tinta que funciona como aglomerante e compacta o po e permiten imprimir en diferentes cores. Mentres que as segundas o que fan é transferir enerxía ao po que pasa a estar polimerizado (duro) e despois mergúllase nun líquido para que as zonas máis duras se solidifiquen.

       As aplicacións máis relevantes son:

1. Partes do corpo e prótese humanas:

Pódense fabricar prótese para discapacitados. Ademais pódense imprimir partes do corpo humano do tamaño exacto que necesita un paciente.

2. Xoguetes:

Xa é posible crear xoguetes do gusto dos nenos, variando desde pequenas figuras dun corpo simple ata estruturas máis complexas.
 
3. Roupa:

Utilizando a impresión 3D poderanse crear modelos de pezas de todo tipo feitas a medida para cada persoa como vestidos, camisetas e ata roupa interior.

4. Comida:

Pódense modelar sobremesas e doces formados cunha impresora 3D, lográndose deseños artísticos imposibles de facer a man.

5. Construción:

Xa se fala da posibilidade de utilizar impresoras 3D xigantes para construír casas a través dunha mestura de cemento con residuos industriais como o vidro e un axente de endurecemento especial en tan só 24 horas.



  • Engade un vídeo da rede (duración non superior a 3 minutos si é posible). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario