martes, 22 de setembro de 2015

A miña música preferida

                                         BIRDY

A miña cantante favorita é Birdy é unha artista inglesa que trata diversos xéneros musicais: folk, pop, indie pop e indie rock.O folk representa a música folclórica moderna, o pop unha música máis lixeira derivada dos estilos musicais negros e a música folclórica británica e o indie pop e o indie rock son dous xéneros nos que o artista presenta un novo son. Birdy comezou moi nova xa que con 4 anos xa estaba aprendendo a tocar o piano e con sete xa compoñía  a súa propia música.

Foi a gañadora da competión musical Open Mic UK en 2008, con 12 anos. Gústame o seu estilo, a súa voz é moi doce e sempre se acompaña por un piano,instrumento que lle ensinou a tocar a súa nai. Tamén e coñecida por poñerlle voz ao tema principal da serie " Velvet".Entre as súas cancións destacaría Skinny Love por ser unha das cancións que lle  facilitou estar no top vinte da lista de singles británicos  e nos dalgúns países europeos. Outras das cancións máis salientables son: Wings e People help the people, esta última fala sobre a axuda aos máis desfavorecidos e debería ser un modelo a seguir para a nosa sociedade.