BIRDY
A miña cantante favorita é Birdy é unha artista inglesa que trata diversos xéneros musicais: folk, pop, indie pop e indie rock.O folk representa a música folclórica moderna, o pop unha música máis lixeira derivada dos estilos musicais negros e a música folclórica británica e o indie pop e o indie rock son dous xéneros nos que o artista presenta un novo son. Birdy comezou moi nova xa que con 4 anos xa estaba aprendendo a tocar o piano e con sete xa compoñía a súa propia música.
Foi a gañadora da competión musical
Open Mic UK en 2008, con 12 anos. Gústame o seu estilo, a súa voz é moi doce e sempre se acompaña por un piano,instrumento que lle ensinou a tocar a súa nai. Tamén e coñecida por poñerlle voz ao tema principal da serie " Velvet".Entre as súas cancións destacaría
Skinny Love por ser unha das cancións que lle facilitou estar no top vinte da lista de singles británicos e nos dalgúns países
europeos. Outras das cancións máis salientables son:
Wings e
People help the people, esta última fala sobre a axuda aos máis desfavorecidos e debería ser un modelo a seguir para a nosa sociedade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario